domingo, 7 de setembro de 2014

Actuación polo 30 ANIVERSARIO DO GRUPO DE BAILE E GAITAS A NOSA SEÑORA DA XUNQUEIRA








O noso grupo Irmán "Grupo de baile e gaitas A Nosa Señora da Xunqueira" está de aniversario, 30 anos levan espallando a música e o baile tradicional galego.


O Grupo de baile e gaitas A Nosa Señora da Xunqueira nace como agrupación folclórica no ano 1984 da man da "Madre Otilia", unha monxa que sentía inquedanza pola música e o baile tradicional galego. O Grupo intégrase na parroquia da "Nosa Señora da Xunqueira", comenzando cun grupo de 50 nenos e nedas de entre 8 e 17 anos, número que varía de ano en ano.

Algunhas finalidades principais desta agrupación folclórica son: coñecela cultura popular, recuperala e espallala, ademáis de agasallar á xente da parroquia e de fora dela, cun día festivo, cheo de ledicia, no marco dunha amizada, convivencia e cooperación.

O traballo que está a desenvolver este grupo non é a nivel profesional, senon que o seu obxetivo é que tódolos compoñentes participen nel facendo o que lles gusta, bailando, tocando e cantando sen condicións de discriminación.

Na actualidade o grupo está formado por unhas 40 personas de idades comprendidas entre os 4 e os 60 anos, e repartidas en tres subgrupos, reunidos por idades.

As actuacións das que foi partícipe a agrupación repártense por toda a comunidade, dende celebracións de festas patronais, participacións en festivais musicais, amenizando as procesións, ademais de outras diversas celebracións coma bodas ou despedidas de buques-cruceiros . Tamén colabora en festivais benéficos organizados por asociacións sen ánimo de lucro, festivais folclóricos ou festivais celebrados en centros culturais.




Ademais destas actuacións citadas con anterioridade, o grupo acode en representación do concello, a cidades como Santa Eulária des Riu en Ibiza, ou tamén a mostras do viño ou gastronómicas,  a eventos de interese turístico internacional, coma a Romaría Vikinga, en Catoira ou as festas de San Roque en Vilagarcía de Arousa e tamén en recepción oficiais como á dos campións do mundo 2009 de vela en clase platú ou no Open Nacional Snipe 2011.



Na actualidade, e dende hai varios anos, os mestres encargados desta agrupación son Carmela e Jose, que levan os grupos de baile e gaita, respectivamente, e ós que adican parte do seu tempo de lecer, incluíndo días festivos e fins de semana.

Para celebrar o seu 30 aniversario convídannos ó próximo sábado día 13 de septembro ás 21:00h. na parroquia de A Nosa Señora da Xunqueira ó festival que organizan, un festival cheo de recordos de grandes momentos e no que participaran os Anfitrións "Grupo de baile e gaitas A Nosa Señora da Xunqueira", Os Terribles de Arousa, Os Mersenarios, Danza de Arcos de Cobas acompañados polos Carballeiras,  O Grupo Folclórico Mocedade da Torre 83 e nos as Cantareiras Bulideiras de Fontecarmoa.

Para rematar felicitar o noso grupo irman...

PARABENS!!!! 
 
 Fonte de información: www.axunqueira.com






Ningún comentario:

Publicar un comentario